Benvido ao portal do Atlas das Paisaxes de Galicia.

Este portal forma parte do programa de promoción da participación pública na elaboración do Atlas das Paisaxes de Galicia, contemplado no convenio de colaboración, entre o Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia e o Laboratorio do Territorio do GI Territorio e Biodiversidade da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta iniciativa xorde da profunda convicción, por parte da Xunta de Galicia e da Universidade da necesidade de contar cos cidadáns nos procesos de toma de decisións sobre a nosa paisaxe e o noso territorio. Froito desta crenza e das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, nace este portal no que, nesta etapa do proceso de elaboración do Atlas, calquera persoa poderá contribuir ao deseño das Directrices de Paisaxe , aportando os seus, obxectivos de calidade paisaxística, así como a súa valoración da paisaxe e das posibles medidas de protección, xestión e ordenación da mesma.



logo IET-SR logo Consellaría logo USC logo USC